Unha marea solidaria permitirá que Anahír poida operarse

NOIA> En menos de dous días, Lorena García, conseguiu recadar o diñeiro suficiente para poder operar a súa filla Anahír, de cinco anos, que padece unha parálise braquial provocada no momento do parto.

Necesitaba uns 3.200 euros para a operación, que ela nestes momentos non tiña, polo que decidiu iniciar unha campaña de recollida de fondos nas redes sociais. A resposta foi do máis rápido. Algo que a deixou verdadeiramente abrumada.

Lorena non sabe como agradecer  a tódalas persoas que desinteresadamente se puxeron en contacto con ela para axudala e conseguir os cartos suficientes para poder operar a súa filla.

Nada máis conseguir o diñeiro que necesitaba, Lorena emitiu tamén un comunicado a través das redes anunciando que eliminaba xa o número de conta para que non seguise circulando e informaba tamén da creación dunha páxina na que poder seguir a evolución da súa filla unha vez operada e onde irá subindo tamén as facturas para xustificar os gastos.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí