A Fundación Galega contra o Narcotráfico inicia o proceso para vender bens incautados a narcotraficantes

    VILAGARCIA> A Fundación Galega contra o Narcotráfico inicia o proceso para vender determinados bens incautados a narcotraficantes. Unha acción que se puxo en marcha no ano 2015 e que se atopa en pleno proceso de difusión. 

     

    A Fundación galega contra o Narcotráfico está traballar para dar a coñecer o proceso co cal venderanse determinados bens incautados a narcotraficantes. 

    A fundación firmou un convenio co Colexio de Provincial de Procuradores de A Coruña para que se fagan cargo dos bens decomisados a narcotraficantes, da súa valoración e da súa subasta, que se realizará pouco tempo despois da súa incautación. 

    Segundo Alonso este servizo impedirá a depreciación dos bens “mobles”.

    A maior parte dos bens incautados neste tipo de operacións amontóanse en naves ou baixos durante anos. Ata que os sospeitosos sentan na bancada dos acusados e se emiten as sentenzas, as súas propiedades non poden saír a poxa pública. Os cartos que se pagan por eles pasa a formar parte das arcas públicas, polo que a Fundación Galega contra o Narcotráfico insiste en que as poxas deben ser inmediatas, antes de que os obxectos se deprecien. 

    {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/10outubro/17/subasta_fgcn_600px.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/10outubro/17/subasta_fgcn.mp4{/flowplayer}¡