Comeza o xuízo dos 90 kilos de cocaína atopados nun contedor de granito en Bolivia

Pontevedra> Na Audiencia Provincial de Pontevedra comezou esta mañá o xuízo onde se acusa a dous homes, un deles veciño de Cambados, de introducir preto de 90 kilos de cocaína ocultos en granito. Un cargamento que fora interceptado en Bolivia. O fiscal pide unha condena de 10 e 13 anos de prisión e unha multa de 12 millóns de euros para cada un dos acusados. 

 

Na audiencia provincial comezou hoxe o xuízo contra dous homes acusados de narcotráfico. O plan destas dúas persoas, unha delas veciña de Cambados, consistía en introducir a cocaína no interior de bloques de granito a través dunha empresa. Para iso un deles, Fernando, constituíu  unha sociedade mercantil coa que tentaría camuflar a droga.

A pesar dos seguimentos e labores de vixilancia realizados pola policía ambos os dous negaron ter vinculación ningunha, nin sequera amizade entre eles.

A operación de narcotráfico, presuntamente deseñada polos acusados, no culminou en éxito. As autoridades aduaneiras de Bolivia inspeccionaron o contedor onde atoparon ademais de catro rochas de granito, 90 paquetes de cocaína de gran pureza que terían un custe no mercado de preto de catro millóns de euros. O fiscal pedíu para Esteban 13 anos de cadea por reincidente e para Fernando 10, ademais dunha multa de 12 millóns de euros para cada un deles. O xuízo continúa o xoves.

{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/10outubro/18/xuizo_drogas_600px.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/10outubro/18/xuizo_drogas.mp4{/flowplayer}