Os Reis Magos precisan 500 cómplices en Pontevedra

Pontevedra> Pontevedra precisa 500 cómplices dos Reis Magos para que os nenos e mozos con máis dificultades económicas do concello non se queden sen o seu agasallo neste Nadal. Se queren axudar nesta bonita iniciativa xa poden facelo a través de Internet ou achegándose directamente a Casa Azul. Concello de Pontevedra e Fundación Meniños poñen en marcha un ano máis o programa ENVOLVE, unha cita que pretende que ningún neno, nena ou adolencente que se quede sen agasallo de Nadal. Este ano precísanse preto de 500 cómplices, de momento xa hai inscritos 250 así que dende a concellería agardan poder chegar a esta cifra. Como en anos anteriores os cómplices dos Reis Magos recibirán unha carta e mercarán un agasallo por un importe máximo de 30 euros. O agasallo entregarase entre o 11 e o 29 de decembro na Casazul, se queren facerse cómplices dos Reis Magos poden descargarse un formulario vía internet, pasarse pola casa azul ou nos telénofos 604 02 41 03 ou o 678 75 49 33.