Listo o anteproxecto das Piscinas de Campolongo

Pontevedra> A Xunta de Goberno de Pontevedra aprobou o estudo de viabilidade co fin de sacar a concurso as obras de reforma e xestión das piscinas de Campolongo. O seguinte paso será someter o anteproxecto a exposición pública durante un mes. O concelleiro de Obras anunciou que se trata dunha remodelación total que contarán cun investimento de máis de 3 millóns de euros. Comeza a exposición pública do anteproxecto para a reforma, mellora e ampliación da Piscina Municipal de Campolongo. A xunta de Goberno Local aprobou hoxe o estido de viabilidade para sacar o concurso a reforma e xestión do centro. Por diante queda un mes para que os interesados podan coñecer este proxecto que conta cun orzamento de 3 millóns 67 mil euros. A reforma das piscinas será total. Un espazo que contará con 5 novas salas para a actividades. O concello de Pontevedra agarda poder licitar canto antes estes traballos para así dar resposta ás demandas deportivas da cidadanía cunha ampla oferta e instalacións versátiles.