O BNG aposta por un novo plan de mobilidade para Galicia

Pontevedra> O Bloque Nacionalista deu a coñecer esta mañá en Pontevedra a primeira iniciativa que van a presentar no Parlamento Galego. Esta medida consistirá nun novo modelo de seguridade e mobilidade viaria para a nosa comunidade. A líder nacionalista, que estivo esta mañá na cidade do Lérez, dixo que a prioridade para este plan é en primeiro termo xestionar todas as competencias en materia viaria dende Galicia. 

 

Dende o Bloque Nacionalista Galego deron a coñecer esta mañá en Pontevedra a primeira iniciativa que presentarán no Parlamento Galego e consistirá na mellora da seguridade e mobilidade  viaria. 

Dende o BNG defenden un novo modelo onde as competencias en materia viaria dependan única e exclusivamente de Galicia, tamén defende unha modificación da lei de estradas co fin de cambiar o orde de prioridades. 

E por último este plan tería como prioridade eliminar os puntos negros nas estradas da nosa comunidade. Sobre outros asuntos vencellados tamén coa mobilidade a voceira nacional do BNG tamén criticou a decisión do Goberno en funcións de Mariano Rajoy de non permitir debater no Congreso unha lei para a transferencia da AP9 a Galicia e así poder eliminar as peaxes as que teñen que facer fronte milleiros de galegos.  

{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/10outubro/18/plan_bng_600px.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/10outubro/18/plan_bng.mp4{/flowplayer}