![]()
POBRA> O BNG da Pobra únese á proposta da Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público, e propón a eliminación das reválidas e a derrogación da LOMCE. Anuncian que presentarán unha moción para o seu debate no vindeiro pleno do concello.
A moción enmárcase na campaña que a plataforma está realizando por toda Galicia e que inclúen distintas mobilizacións por parte da comunidade educativa a prol da derrogación da LOMCE e a eliminación das reválidas. A concelleira nacionalista, Cristina Andrade, considera que a Lei de Mellora da Calidade Educativa é centralizadora, clasista e sexista, e que promove un modelo autoritario e antidemocrático. Para Andrade as reválidas que inclúe a LOMCE proveñen dunha concepción clasista da educación. O BNG pobrense solicitará ao pleno da corporación que se adopten os acordos para instar á Xunta de Galicia á eliminación destas reválidas, na procura dun ensino público, galego e de calidade, ademais de esixir ao goberno estatal a derrogación da LOMCE.











