Dous lumes domésticos alteran a madrugada do Barbanza

    incendiovivendacorrubedo100.jpgRIBEIRA> Eliseo García Martínez, un veciño de Corrubedo, resultou intoxicado por fume no incendio rexistrado esta madrugada no seu domicilio.

    {flowplayer}barbanza/incendiovivendacorrubedo.flv{/flowplayer}

    Pasadas as tres e media da madrugada, os equipos de emerxencia recibían o aviso dun incendio nunha vivenda situada á entrada da parroquia de Corrubedo, no número 50 da rúa Buenos Aires. Inmediatamente desprazáronse ata a zona varias dotacións dos parques de bombeiros de Ribeira e Boiro así como efectivos do Grumir e da Policía Local.

    Intoxicación

    No interior da vivenda atopábase o seu propietario, Eliseo García de setenta anos, que resultou intoxicado por inhalación de fume. Tras recibir atención médica no lugar posto que precisaba osíxeno foi trasladado ó hospital do Barbanza nunha ambulancia.

    Á espera de determinar as causas definitivas, todo indica que o lume produciuse a causa dun curtocircuíto nunha manta eléctrica.

    A pesar de que o propietario da vivenda tentou apagar o incendio, as lapas estendéronse con moita rapidez reducindo a cinzas a habitación en que se iniciou o lume e causando danos a outras estancias do primeiro andar.

    A intervención dos bombeiros durou preto de dúas horas. Tralos labores de extinción procederon a ventilar o inmoble.

    Suceso similar

    Este non foi o único incendio rexistrado na comarca posto que un pouco antes, sobre as dúas e media da madrugada, as alarmas saltaban nunha vivenda de Vilariño de Abaixo no Xobre.

    O lume orixinouse a raíz dun accidente doméstico, ó deixar esquecida unha tixola no lume. afortunadamente, a rápida actuación dos propietarios da vivenda que extinguiron as lapas sen necesidade de mobilizar ós bombeiros, fixo que tan só resultara afectada a campá extractora.

    Redacción Barbanza