O tráfico do porto de Pobra creceu un 5,3 por cento

    Normal 0 21 false false false MicrosoftInternetExplorer4

    Normal 0 21 false false false MicrosoftInternetExplorer4

    POBRA> O presidente de Portos de Galicia fixo esta mañá na Pobra un balance do tráfico deste peirao nos primeiros tres trimestres deste ano. No porto pobrense os movementos subiron un 5, 3 por cento.

     

     

    O aumento do tráfico durante os primeiros nove meses deste ano no porto da Pobra débese fundamentalmente movementos de túnidos conxelados, como os que descargaban esta mañá, durante a visita de JoséJuanDuránao peirao pobrense, acompañado do voceiro do PP pobrense e do patrón maior. No conxunto dos portos de Galicia dependentes da entidade, o tráfico subiu no mesmo periodo respecto do ano anterior, un 7,4 por cento. Durante a súa visita á comarca do Barbanza o presidente de Porto quixo destacar tamén as boas cifras da Lonxa de Ribeira.