RIBEIRA> Máis de 350 participantes e 10 mil euros recadados. Estas cifran resumen o éxito da décima andaina solidaria de Congalsa. A empresa fixo entrega hoxe dos fondos conseguidos ás cinco entidades beneficiarias.
A veciñanza e o tecido empresarial do Barbanza segue a facer gala da súa solidariedade nas citas en favor dos máis necesitados. Unha das últimas foi a andaina solidaria de Congalsa celebrada o pasado domingo que conseguiu recadar dez mil euros e máis de 1500 quilos de alimentos. Preto de 1800 euros procederon das inscricións e do dorsal cero mentres que o resto, ata completar os 10 mil euros, foi aportado pola propia empresa como mostra do seu compromiso co tecido social e o sector do mar.
As entidades beneficiarias quixeron agradecer a colaboración de Congalsa a través deste a doutras moitas iniciativas solidarias que supoñen un auténtico respiro para que poidan seguir a desenvolver o seu labor.
Durante o acto, celebrado nas instalacións que Congalsa ten en Ribeira, realizouse tamén a entrega da recreación dun dolmen conmemorativo elaborado por Abraham Benítez á gañadora do sorteo, Keila Mariño.











