“O abandono do Pazo de Goiáns é un atentado patrimonial”

    BOIRO> A Deputada de En Marea no Congreso dos Deputados, Yolanda Díaz, estivo esta tarde en Boiro para comprometerse, acompañada da agrupación de Boiro Novo, a defender nas Cortes as iniciativas parlamentarias necesarias para conseguir a rehabilitación do Pazo de Goiáns

      

     

      É unha situación que a marea boirense leva denunciando desde hai tempo: o abandono por parte do goberno local do Pazo de Goiáns. Desde  Boiro Novo cualificaron de atentado patrimonial e paisaxístico o deterioro forzado deste espazo.A deputada de En Marea pola Coruña no Congreso dos Dpeutados, Yolanda Díaz, asegurou que este Pazo de Goiáns debería constituír un referente patrimonial do municipio boirense, e un espazo para desenvolver usos culturais e dinamizar o concello. Comprometeuse, a preguntar no Parlamento  ó Ministerio de Cultura sobre a inversión que se fixo arredor desta peza monumental. Díaz asegurou tamén que desde En Marea incorporarán partidas orzamentarias para rehabilitar o espazo. Desde Boiro Novo, non quixeron pasar por alto que para esta visita de Yolanda Díaz, o concello non lle permitise acceder ó interior do Pazo de Goiáns. Yolanda Díaz convidou, chegado o momento, ós membros de Boiro Novo a asistir ó Parlamento cando se debata este asunto na cámara. 

     

     

     

    {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/12decembro/05/yolanda_dia_pazo_de_goians_boiro_novo_051220161.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/12decembro/05/yolanda_dia_pazo_de_goians_boiro_novo_05122016.mp4{/flowplayer}