Percorremos a ‘Galicia Olímpica’ con Teófilo Edicións

GALICIA> Xa se pode facer un percorrido polo olimpismo galego da man de Teófilo Edicións. A editorial ven de editar a obra Galicia Olímpica, de Álvaro Alonso; un recompilatorio das historias dos deportistas galegos máis importantes dende 1996 ata o 2006.

 

Galicia Olímpica 1996-2016, do xornalista Álvaro Alonso, repasa as biografías dos deportistas galegos que participaron en Xogos Olímpicos nas dúas últimas décadas. Un total de 48 biografías que recollen o esforzo dos atletas.

Teófilo Edicións é a responsable da obra. Trátase dunha edición coidada que, segundo explican, ven cubrir un oco que existía no mercado.

A tirada da obra é reducida, só mil exemplares, e conta coa colaboración da Secretaría Xeral do Deporte.

{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/10outubro/28/libro_teofilo_olimpicos_600px.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/10outubro/28/libro_teofilo_olimpicos.mp4{/flowplayer}