![]()
GALICIA> Un paseo polas rúas santiaguesas e a súa evolución na historia é o que recolle a obra “Periferias e desbordes”. O libro, editado por Teófilo Edicións, publica unha tese do arquitecto Pablo Costa, trazando un camiño do pasado, presente e futuro da arquitectura na capital galega.
Con “Periferias e desbordes” o lector poderá percorrer as rúas do casco vello de Santiago e, da man do arquitecto Pablo Costa, coñecer a súa evolución ao longo da historia.
Neste tomo, Teófilo Edicións dá forma á tese doutoral do afamado arquitecto. Unha obra coidada, que inclúe planos, fotografías e documentos históricos.
Ademais, “Periferias e desbordes” é froito da colaboración institucional. A obra viu a luz grazas a unha coedición entre Teófilo Edicións e o Consorcio de Santiago.
“Periferias e desbordes” é a segunda parte doutro libro xa editado hai preto dun ano, “La Ciudad Heredada”. Teófilo Edicións editou 500 exemplares de cada título.
{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/10outubro/28/libro_teofilo_edicions_600px.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/10outubro/28/libro_teofilo_edicions.mp4{/flowplayer}








