Premian a Ruta do Viño Rías Baixas pola súa accesibilidade

    CAMBADOS> Novo galardón para a Ruta do Viño Rías Baixas. Acevin ven de recoñecer a aposta pola accesibilidade da asociación, premiando o obradoiro de memoria sensorial para invidentes desenvolvido o ano pasado. Hoxe, a súa xerente contábanos que a intención da Ruta é seguir neste camiño.

     

    Novo recoñecemento para a Ruta do Viño Rías Baixas. A asociación ven de recibir o Mérito á accesibilidade no Enotruismo 2016, un recoñecemento incluído dentro dos terceiros premios de enotruismo Rutas do Viño de España, que Acevin convoca cada dous anos.

    Neste obradoiro participaron unha trintena de asociados da ONCE. A cata estivo dirixida polo sumiller Nacho Costoya, e a través de corchos, botellas e copas, o participantes achegáronse á cultura enolóxica. Unhas percepcións que complementaron con sons de fondo empregados no taller e aromas e sabores que apreciaron nos distintos viños.

    Segundo o fallo do xurado, o que se valorou foi o desenvolvemento dunha actividade especialmente deseñada para persoas invidentes, co obxectivo de facelas partícipes da cultura vitivinícola.  Un camiño no que a Ruta quere seguir profundizando, chegando a máis colectivos.

    Neste camiño cara a accesibilidade, a Ruta do Viño Rías Baixas conta co respaldo de moitos dos seus asociados. De feito, unha ducia tamén forman parte da guía de PREDIF.

    Ademais do recoñecemento á Ruta, os terceiros Premios de Enoturismo tamén premiaron a dous dos seus socios: Pazo Baión e a Quinta de San Amaro.

    Nesta edición, presentáronse un total de 115 candidaturas. A entrega dos premios e mencións especiais será o vindeiro 22 de novembro en Madrid.

    {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/10outubro/28/premio_ruta_vino_600px.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/10outubro/28/premio_ruta_vino.mp4{/flowplayer}