RIBEIRA> Un ano máis Ribeira renderá homenaxe a Santa Icía, patroa dos músicos, con dúas actuacións enmarcadas na programación municipal do Outono Cultural coa que dende o Concello queren seguir difundindo as distintas disciplinas artísticas.
A primeira das citas terá lugar no auditorio municipal o sábado 21, a partir das oito da tarde, e correrá a cargo do grupo Misela de Noia.
A outra actuación terá lugar ó día seguinte, o domingo 22, na igrexa de Palmeira á unha e cuarto da tarde, coa Coral Polifónica Municipal.
A entrada ós dous concertos será gratuíta.











