Os festivais das Rías Baixas ofrecerán a mellor música e gastronomía en espazos paradisíacos

PONTEVEDRA> Pontevedra acolleu esta mañá a presentación dos Festivais Rías Baixas 2019. Sete eventos para desfrutar da mellor música, da mellor gastronomía e dos espazos paradisíacos da nosa provincia.

PortAmérica, Vive Nigrán, Sin Sal, Atlantic Fest, SonRías Baixas, Revenidas e O Marisquiño. Eses son os festivais que se celebrarán durante o verán nas Rías Baixas. Sete eventos coa mellor música nacional e internacional e que se desenvolverán nos mellores espazos posibles.

No acto de presentación estiveron os promotores dos festivais. Quenes destacaron a importancia de colaborar para que todos estes eventos musicais sexan un éxito.

A presidenta da Deputación tamén quixo recordar nesta presentación o compromiso dos festivais coa igualdade e co medio ambiente.

Os festivais Rías Baixas 2019 promoveranse este ano co hashtag #FameDeFestivais, co obxectivo de seguir espertando a Fame de Experiencias en toda a provincia.