Unha escultura lembra a Ramón Sampedro na praia das Furnas

homenaxesampedro.jpgPORTO DO SON> Amigos e familiares de Ramón Sampedro volveron renderlle unha emotiva homenaxe no decimo terceiro aniversario da súa morte.

{flowplayer}barbanza/homenaxesampedro.flv{/flowplayer}

A figura de Ramón Sampedro segue máis viva ca nunca no décimo terceiro aniversario do seu pasamento. Non só entre os seus achegados senón que a súa memoria está ben presente en todos aqueles que defenden o dereito á eutanasia. Así representantes da asociación ‘Dereito a Morrer Dignamente’ estiveron tamén presentes, como cada ano, nos actos en memoria de Ramón.

Alí, nos acantilados da praia das furnas onde tivo lugar o accidente que o condenou a unha vida inmóbil, os seus amigos reproduciron os versos de Ramón que converteu o seu drama persoal nunha causa pola que loitan milleiros de persoas.

Escultura

Trala lectura de varios poemas, os asistentes arroxaron flores ó mar. O acto rematou coa inauguración dun busto de Ramón en bronce, elaborado polo escultor Nacho Beiro, que a partir de agora presidirá este emblemático paisaxe que xa se converteu nun lugar de peregrinación.

Redacción Barbanza