Marina Vilagarcía abriga xa a 400 barcos no porto deportivo

    marina_vilagarcia100_080708.jpgVILAGARCÍA > O porto deportivo acolle xa a preto de 400 barcos. Marina Vilagarcía acaba de facer balance …

    {flowplayer}images/salnes/marina_vilagarcia.flv{/flowplayer}

    VILAGARCÍA > O porto deportivo de Vilagarcía acolle xa a preto de catrocentos barcos. Marina Vilagarcía, a empresa concesionaria, acaba de facer balance do primeiro semestre deste ano no que destaca o alto índice de barcos indefinidos. Polo que respecta ós tránsitos no que vai de 2008 preto dun centenar de barcos elixiron estas instalacións para facer escala nas súas viaxes. A maioría das embarcacións eran estranxeiras, sobre todo do Reino Unido.

    Segundo indica Marina Vilagarcía estas cifras van na liña das rexistradas en 2007, o que reflicte a boa acollida que ten este porto deportivo entre os afeccionados á navegación. O segredo está nos servizos que ofrece ó navegante.

    Marina Vilagarcía leva desde o ano 2000 xestionando o porto deportivo de Vilagarcía e agora ten no punto de mira a concesión de dúas dársenas e unha rampla que acaba de sacar a concurso a Autoridade Portuaria. Teijido é optimista e lembra que nestes últimos anos foron sempre en aumento tanto en barcos transeúntes como en indefinidos.

    Redacción Salnés