VILAGARCÍA> Vilagarcía remata as obras de renovación da tubaxe da Avenida de Cambados, a altura do barrio do Piñeiriño. A obra tivo un custo de 50 mil euros e permitirá dar un servizo de calidade aos máis de 2500 veciños que viven en dito barrio.
As vellas tubaxes de Vilagarcía van sendo pouco a pouco renovadas. Con máis de 50 anos de antigüidade, o concello estase encargando de mellorar o sistema de subministración por tramos. Nesta ocasión a zona mellorada é a da Avenida de Cambados, á altura do barrio do Piñeiriño. Un treito que dá servizo a máis de 2500 veciños.
O proxecto permitirá dotar ao barrio do Piñeiriño dunha válvula a maiores da principal para que o servizo non se vexa afectado en caso de avaría dunha das tubaxes.
Dende o concello sinalan a importancia destas obras, que aínda que non se ven, son fundamentais para Vilagarcía.
A renovación desta tubaxe dá continuade a iniciada na avenida Doutor Tourón. Ademais levouse a cabo nunha zona do Barrio do Piñeiriño no que se realizarán outras actuacións como a da mellora da accesibilidade.