Porto do Son prepárase xa para unha nova Sin-Son 10K

    PORTO DO SON> A carreira, que foi presentada oficialmente esta mañá, terá lugar o próximo 18 de decembro.

    Totalmente consolidada xa no calendario de carreiras que se disputan a nivel galego, e incluída no calendario oficial da Federación Galega de Atletismo, a Sin-Son 10K espera repetir nesta quinta edición os éxitos acadados en anos anteriores. Dende a organización da proba, que outro ano lle corresponde ó concello sonense, agardase unha alta participación, próxima ós dous mil cincocentos corredores sumando tódalas categorías. A proba absoluta terá como é habitual unha distancia de dez quilómetros en ruta dende Portosín a Porto do Son. un feito que a distingue con outras carreiras que se celebran noutras localidades. Un ano máis o padriño da proba será o atleta Pedro Nimo. A organización coida ata o mínimo detalle. Así haberá todo tipo de servizos para facilitarlle ó corredor a súa participación na carreira con gardarroupa, gardería, traslado en autobús e duchas. Ademais como en anos anteriores haberá tamén actividades paralelas á celebración da proba, con adestramentos especiais ou a tradicional a feira do corredor o día antes da proba. o prazo de inscrición na carreira xa está aberto, podéndose realizar ata o próximo13 de decembro. para máis información os interesados poden consultar a páxina oficial da proba: www.sin-son10k.com.