Arousa Norte estrea logotipo

    RIANXO> A mancomunidade de Municipios Arousa Norte xa conta con nova imaxe corporativa. O novo logo, realizado pola deseñadora,María Gómez Grandal, xurdiu dun concurso de ideas no que tomaron parte máis dunha ducia de profesionais do mundo do deseño.

     

     

    Unha imaxe que transmite modernidade, confianza, proximidade, calidade, unidade e compromiso. Son algúns dos cualificativos que esta mañá se empregaron para definir o novo logotipo de Arousa Norte, creación da deseñadora gráfica María Gómez, que esta mañá se presentou en Rianxo. Para Arousa Norte esta nova imaxe é a tarxeta de presentación dunha oferta turística de calidade e singular, e que nace tras un intenso concurso de ideas do que María resultou gañadora. Os representantes dos catro concellos integrantes, Boiro, A Pobra, Riveira e Rianxo, amosáronse a súa satisfacción polo deseño elixido como imaxe da marca Arousa Norte. O concurso de ideas estaba dotado cun premio de 4.000 euros.