Zapatero gaña as eleccións e o PP sobe e trunfa no Senado

    eleccions100_100308.jpgPONTEVEDRA > José Luis Rodríguez Zapatero presidirá outros catro anos o Goberno de España. O PSOE logrou unha contundente victoria

    {flowplayer}images/salnes/eleccions_pontevedra.flv{/flowplayer}

    PONTEVEDRA > José Luis Rodríguez Zapatero presidirá outros catro anos o Goberno de España. O PSOE logrou unha contundente victoria electoral con 169 deputados, quedando a sete escanos da maioría absoluta. Por detrás quedou o PP, que pese a subir en votos, quedouse con 154 escanos.

    A terceira forza de carácter estatal, Izquierda Unida, perdeu tres escanos e con só dous representantes queda sen grupo parlamentario propio. Dos grupos nacionalistas tan só CiU e BNG gañaron en votos. Os cataláns acadaron 10 deputados, un máis que en 2004, mentres que o Bloque mantén os 2 que xa tiña.

    Na provincia de Pontevedra, as urnas non depararon sorpresas. Nesta circunscrición xogábanse sete escanos ó Congreso que non cambiaron de siglas, 3 para o PSOE, 3 para o PP e un para o BNG. A victoria de ZP foi celebrada polos socialistas de Pontevedra, que se concentraron, como xa é habitual no Hotel Galicia Palace. O cabeza de lista Antón Louro, coa acta de deputado renovada, valoraba positivamente a xornada electoral. Na sede provincial do PP o ambiente era moi distinto onte á noite.

    Afastados dos xornalistas, Rafael Louzán e a candidata Ana Pastor seguiron os resultados xunto ós seus colaboradores. Máis de 580 mil persoas exerceron o seu dereito a voto nesta provincia e un 44,20 por cento decantouse polo PP, seguido do 39,54 por cento para o PSOE e 12,01 para o BNG. Precisamente esta victoria en votos foi a destacada por Louzán, que compareceu ás doce menos cuarto da noite acompañado de Ana Pastor.

    O BNG mantén a Olaia Fernández no Congreso. A candidata nacionalista agradeceu o respaldo dos votantes e asegurou que a partir desta noite o BNG volverá a ser decisivo nas Cortes.

    Redacción Salnés