BOIRO> Boiro convértese esta fin de semana en sede do remo cunha nova proba da Liga Galega de Traíñas. Doce equipos disputarán a novena Bandeira Marina de Cabo de Cruz este domingo no campo de regatas do porto crucense.
Tralo éxito da pasada xornada, o club de Remo Cabo de Cruz confía en seguir a boa racha na casa e facerse coa novena bandeira Marina de Cabo de Cruz que se disputa este domingo na localidade boirense.
Os doce equipos da liga galega A participarán nesta regata a catro longos e 3 ciabogas. Será a primeira cita co remo das moitas previstas este mes no que Cabo de Curz acollerá tamén unha proba da liga ACT e a Bandeira de Traíñas da Deputación da Coruña.
Ademais do carácter deportivo a xornada converterase nunha auténtica festa dada a grande afección ó remo que existe en Boiro polo que dende o concello animan ós veciños a achegarse ata Cabo de Cruz para animar ós remeiros.