RIBEIRA> A Policía Nacional de Ribeira investiga a autoría de diversos danos provocados a máis de 40 vehículos estacionados nos aparcamentos disuasorios de Agustín Fernández Oujo e da Rúa Cordieiro, en pleno casco urbano. Os vehículos apareceron rallados cun obxecto punzante e algún deles, incluso, cos dous espellos retrovisores esnaquizados.
Así atopaban os propietarios de ata 40 coches estacionados no aparcadoiro de Fernández Oujo e na rúa Cordierio os seus vehículos este domingo. Rallados a conciencia e algún deles cos retrovisores rotos. Ante a alarma social xerada por este suceso, os veciños solicitaron unha xuntanza co alcalde que os recibía esta mesma mañá para tratar de buscar unha solución.
Á espera de esclarecer todo o acontecido, os veciños relacionan este suceso coa existencia nas inmediacións dun punto negro de venda de droga.
Entre esas medidas o concello demandará un incremento dos efectivos da policía local e nacional e estudarán outras medidas disuasorias para garantir a seguridade como a instalación de cámaras de vixilancia e reforzo do alumeado.