Críticas do BNG boirense á rectificación do Inventario Municipal de Bens

    BOIRO> O BNG de Boiro denuncia a falta de rigor nas respostas do Concello de Boiro ás alegacións do Inventario Municipal de Bens. Os nacionalistas esixen que sexa a xustiza a que decide nos casos menos claros.

     

     

    Os nacionalistas boirenses consideran que o goberno local accede, a través do Expediente de Rectificación do Inventario Municipal de, feito público hai dous meses e aínda en prazo de alegacións, a peticións veciñais que exceden a propia finalidade deste acto administrativo. É dicir, a actualización do Inventario de Bens de natureza municipal, tralas alegacións, está supoñendo nalgúns casos a renuncia por parte do concello á súa propiedade sobre os seus bens patrimoniais. Desde o BNG cren necesario que debería ser unha sentenza xudicial a que decidise a renuncia da administración local a unha propiedade, en favor dun determinado veciño, e non un simple Expediente de Rectificación do Inventario Municipal. Por iso o BNG solicita que o concello boirense non admita aquelas alegacións, por resultar contrarias a dereito, que teñan como finalidade a renuncia da administración local á propiedade dos seus bens patrimoniais.