O alumeado de Nadal acenderase o día 3 de decembro

Pontevedra> Sinatura entre o concello de Pontevedra e o asociación Centro Comercial Zona Monumental para fomentar este famoso espazo da cidade. Trátase dun convenio mediante o cal o concello realiza unha achega de 22 mil euros para potenciar as campañas que lanzan dende esa entidade, como por exemplo, a de Nadal. O alumeado para estas datas xa anunciaron que se acenderá probablemente o vindeiro 3 de decembro. 

 

Concello e a asociación Centro Comercial Zona Monumental amosaron hoxe, e unha vez máis, o seu bo entendemento coa sinatura dun convenio por un total de 45 mil euros, dos cales o concello realiza unha achega de 22 mil euros. 

Dende a asociación Centro Comercial  Zona Monumental agradeceron o apoio do concello e lembraron que dende esta entidade continuarán loitando por un comercio de calidade neste punto céntrico da cidade do Lérez. 

Dende esta asociación afirmaron esta mañá que parece que se comezan a ver os brotes verdes do que se tanto se falaba xa que a actividade comercial volver as rúas do casco vello que, segundo anunciaron esta mañá, gozan de moita saúde nos últimos meses, grazas ao ambiente de Pontevedra e o aumento na chegada de turismo. 

{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/11novembro/03/zona_monumental_600px.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/11novembro/03/zona_monumental.mp4{/flowplayer}