Dende hoxe e ata o día 20 “Pontedetapas”

Pontevedra> Dende hoxe e ata o 20 de novembro poderá degustar 32 tapas tradicionais, 25 creativas e 13 cócteles na cidade do Lérez grazas a novena edición do Pontedetapas. Unha cita na que participan 52 establecementos da capital de provincia e que esta mañá inauguraba cun pequeno roteiro pola cidade o alcalde e a concelleira de promoción económica. 

 

Unha nova edición, e xa van nove, do Pontedetapas chega a Pontevedra. Dende hoxe e ata o vindeiro 20 de novembro terá a oportinidade de desfrutar da cidade do Lérez e da súa gastronomía con este evento no que participan 52 establecementos, que contará con 32 tapas tradicionais, 25 creativas e 13 cócteles. 

Algunhas das tapas creativas puidemos comprobalas esta mesma mañá, a primeira no Tábula Rasa. 

A segunda tapa creativa atopámola no Cafetín, o establecemento gañador da pasada edición. 

Unha cita importante para todos os establecementos que ademais de darse a coñecer poder amosar a súa arte culinaria. 

Xa o saben ata o 20 de novembro poden desfrutar desta nova edición do Pontedetapas, fáganse co seu pasaporte e non se esquezan de calificar co seu voto as delicias que proben nestes días. Haberá premios para os gañadores e tamén para os participantes. E tamén lembrarlles algo moi importarte, xa que moitas das tapas, como a do Tábula Rasa, son aptas para celíacos, concretamente 16 establecementos contan con esta oferta no seu menú para este concurso. 

{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/11novembro/03/pontedetapas_600px.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/11novembro/03/pontedetapas.mp4{/flowplayer}