POIO> A 37 edición da Festa da Ameixa de Campelo encheu Poio de visitantes e esgotou as 1.500 racións dispoñibles. Este domingo foi a xornada na que máis racións se repartiron. Máis alá da parte gastronómica a festa ofreceu distintas propostas musicais para todos os gustos. Como xa é tradición, rendeuse homenaxe ás mariscadoras que se xubilaron no último ano.
A Festa da Ameixa de Campelo deixa bo sabor de boca en Poio. Esta 37 edición pechouse este domingo esgotando as 1.500 racións das tres receitas dispoñibles: á mariñeira, con arroz e con fideos. O domingo foi o día no que máis racións se despacharon, con colas continuas durante toda a xornada. Con todo, tamén foi destacable o bo ritmo de vendas do venres e o sábado ao mediodía.
Ademais de veciñanza, entre o público atopamos visitantes de dentro e fóra de Galicia. A cita incluíu distintas propostas musicais e a xa tradicional homenaxe ás mariscadoras que se xubilaron no último ano. Foi nun acto que se celebrou na xornada inaugural.
En total 15 mariscadores e mariscadores recibiron a ameixa de prata. Unha delas, coñecida por gravar vídeos amosando o seu traballo, dicía sentir ledicia, pero tamén tristura por unha etapa que agora remata.
No acto de homenaxe, que serviu tamén de arrasque da festa, participou tamén a conselleira do mar.
Ademais da Xunta, tamén apoia a Festa da Ameixa a Deputación de Pontevedra.
O alcalde aproveitaba o acto para poñer en valor a importancia desta festa para todo o municipio, que vai máis alá da parte lúcida.
As Xornadas Gastronómicas da Ameixa desenvolveranse todas as fins de semana de outubro en doce establecementos do municipio, ofrecendo ao público distintas propostas culinarias a prezos accesibles.











