PONTEVEDRA/SALNÉS> Balance positivo da área sanitaria de Pontevedra e O Salnés respecto das listas de agarda nos tres hospitais. O xerente destacou hoxe que no 2024 se conseguiu unha redución nos tempos de espera en intervencións cirúrxicas, que se sitúan en 62 días. Tamén diminuíron nas probas diagnósticas. En canto ás consultas, mantivéronse estables, en algo máis de 58 días.
62 días de media é o tempo que tivo que agardar un paciente no 2024 para ser operado na área sanitaria de Pontevedra e O Salnés. Son datos que melloran os de 2023, cando se acadaron os 63,6 días. O ano pasado realizáronse máis de 25.000 operacións.
Onde non se reduciu a agarda foi nas listas das consultas, sobre todo nas especialidades de dermatoloxía e neuroloxía, onde a espera é maior. Iso si, pasáronse máis de 7.500 consultas máis que no 2023, cun crecemento dun 2,4% das primeiras consultas.
Esta vía rápida determina a atención que se presta aos pacientes cando hai sospeitas de que padece patoloxías máis graves, como é o caso do cancro.
O xerente destacou a importancia da coordinación entre os tres hospitais da área para a mellora destes datos. En concreto, no 2024 foron derivados 631 pacientes para ser operados no Hospital do Salnés. A maioría deles da especialidade de traumatoloxía.











