CCOO tratará de convencer a Bildu e Esquerra para que retiren o artigo 18 da Lei do Cambio Climático

PONTEVEDRA> A sección sindical de CCOO en Ence manterá unha reunión con Bildu e Esquerra Republicana. O obxectivo, convencerlles para que voten en contra do artigo 18 da Lei do Cambio Climático.

A sección sindical de CCOO en Ence queima un dos seus últimos cartuchos para conseguir a continuidade da pasteira en Lourizán. Os representantes deste sindicato anunciaron hoxe que manterán un encontro con Bildu e Esquerra Republicana. Na última comisión, estes dous partidos votaron a favor do artigo 18 da Lei do Cambio Climático e por iso os traballadores tratarán agora de convencerlles para que muden a súa decisión.

A presidente do comité de oficinais de Ence falou tamén hoxe da manifestación levada a cabo o pasado venres en Madrid. Nela, os traballadores conseguiron que a ministra de Transición Ecolóxica se comprometera a manter unha reunión con eles. Así e todo, polo de agora solo foi convocado o comité de empresa da fábrica.

Os traballadores de Ence falaron tamén hoxe destas imaxes. Os operarios defenderon que non houbo ningunha agresión e criticaron a actitude do goberno local.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí