A folga das traballadoras do téxtil en defensa do convenio provincial pecha varias tendas durante a xornada

PONTEVEDRA> Xornada de folga no comercio téxtil e de calzado da provincia de Pontevedra. Os seus traballadores estaban chamados pola CIG a parar hoxe para reclamar que se manteña o convenio provincial. Preténdese substituír por un novo, coñecido como ARTE, que se está a negociar en Madrid coas grandes cadeas. Un cambio que suporía perda de dereitos para as traballadoras. Ademais de concentracións en diferentes vilas da provincia, conseguindo o peche intermitente ou total de moitos destes establecementos, as dependentas manifestáronse en Pontevedra.

Esta imaxe repetiuse ao longo da xornada na provincia de Pontevedra. Os comercios de calzado e téxtil mantiveron as súas portas pechadas, algúns durante todo o día e outros de forma intermitente. Os seus traballadores estaban chamados á folga pola CIG.

Veiga refírese ao convenio coñecido como ARTE, que se está a negociar en Madrid coas grandes cadeas. Actualmente existe un preacordo asinado con Comisións Obreiras. A CIG reclama que se manteñan as negociacións a nivel provincial, xa que o convenio pontevedrés é máis vantaxoso.

En Vilagarcía houbo concentracións a primeira hora da mañá e en Pontevedra celebrouse ao mediodía unha manifestación. Decenas de traballadoras acudiron ao chamado da CIG para defender os seus dereitos.

Por exemplo, no caso de Inditex algunhas das demandas pasan por manter o 100% da nómina dos traballadores no caso das incapacidades temporais.