A transferencia da Escola de Enfermería a UVigo está en camiño

Pontevedra >  A presidenta da Deputación de Pontevedra visitou esta mañá a Escola de Enfermería, situada nas instalacións do Hospital Provincial. Carmela Silva dixo que esta Escola que actualmente depende da Deputación, ten xa marcada a folla de ruta para ser transferida á Universidade de Vigo, Silva agarda que este proceso teña lugar en canto tome posesión o novo conselleiro de Sanidade. 

 

A presidenta da Deputación de Pontevedra visitou esta mañá a Escola de Enfermería. Unha escola que depende directamente da Deputación, nesta xornada tanto do director deste espazo como Silva anunciaron que a folla de ruta para a transferencia da Escola á Universidade de Vigo está trazada e que agora queda agardar a que tome posesión o novo conselleiro de Sanidade para perfilar os detalles e finalizar este proceso. 

Unhas instalacións da Escola de Enfermería que a presidenta visitou con tranquilidade para coñecer todos os seus espazos. O director desta Escola tamén dexou caer as demandas que teñen dende este espazo. 

E a presidenta recolleu o guante dicindo que tomaban boa nota e que xa teñen os deberes feitos nesta materia. 

A presidenta da Deputación quixo destacar a profesioanlidade coa que se traballa dende a Escola de Enfermería, un lugar, onde lembrou, tamén se ensina como atender as vítimas da violencia de xénero e que leva moitos anos utilizanzo a linguaxe inclusiva. 

{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/11novembro/09/enfermeria_600px.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/11novembro/09/enfermeria.mp4{/flowplayer}