A compostaxe triunfa na Boa Vila

Pontevedra> O concello de Pontevedra instalará 2 ou 3 novos centros de compostaxe na zona de Eduardo Pondal- O Gorgulló, xa que en 4 días se encheron os existentes. Isto débese, segundo Carme da Silva, a que máis de 140 familias están formando parte deste proceso.

Se na pada semana dende o concello anunciaban da posta en funcionamento dos composteiros en San Brais e en Eduardo Pondal, nesta semana dende o concello falan do éxito desta iniciativa. As previsión para estes centros de compostaxe en Eduardo Pondal eran de 15 días, a sorpresa chegou ao concello cando nun día xa se encheu o composteiro. Un dato, que segundo a concelleira de Servizos avala o interese pola compostaxe e o medio ambiente na cidade. De 44 familias que asinaron o seu compromiso dende o concello estiman con este resultado que entre 140 e 150 familias están formando parte deste sistema de recollida de residuos.  Con este éxito, nesta zona da cidade, o concello instalará 2 ou 3 composteiros máis no Gorgullón.

Na zona de Eduardo Pondal decidirán as posibles novas ubicación de novos composteiros na vindeira comsión de seguimento deste servizo. Pola súa banda en San Brais, o composteiro comunitario púxose en funcionamento o pasado luns e aínda que nunha primeira valoración falouse dun centro de seis módulos ao final instalouse un de 10,  un espazo, onde segundo Da Silva, non está cheo ao 100 por cen pero xa houbo que repoñer o estruturante.