O BNG de Pontevedra inicia a súa precampaña cunha cea o 4 de maio no Recinto Feiral

Pontevedra> O 4 de maio o BNG de Pontevedra celebrará unha cea no Recinto Feiral da cidade, unha cita que terá coma fin reunir a moita xente e buscar a participación da cidadanía no futuro do modelo de cidade da Boa Vila. A cea terá un custe de 15 euros, e tal e como dixo Lores esta mañá, non é para militantes, e para os que crean no futuro da capital de provincia. Todos os que desexen asistir poderán recoller a súa entrada no Local do BNG.

O 4 de maio o BNG de Pontevedra organizará unha cea no Recinto Feiral co fin de seguir construíndo cidade e coñecer aportacións, inquedanzas e proxectos das veciñas e dos veciños que crean no modelo de cidade e no futuro da Boa Vila.

Lores dixo que o fin desta cea é o de continuar un camiño de avance para Pontevedra. Unha cea onde estarán convidados xente do mundo do deporte, da cultura, do turismo…

Unha cea que terá como fin dar un novo chanzo no modelo de cidade pontevedrés.

Unha cea organizada polo BNG pero tal e como dixo esta mañá o alcalde non é nin moito menos para a militancia, é para toda a cidadanía que crea no modelo de cidade e aposte por Pontevedra. Os interesados en asistir a esta cea, que terá un custe de 15 euros, poderán recoller o seu ticket, no local do BNG da cidade.