Carmela Silva anima a contratación dos becarios do plan de práctica laboral promovido pola Deputación de Pontevedra

PONTEVEDRA> A Presidenta da Deputación de Pontevedra animou, este mércores, aos empresarios sobre o plan de práctica laboral para contratar aos seus becarios unha vez rematado o período de prácticas para aproveitar, segundo ela mesma afirmou, a súa formación académica e o seu primeiro contacto co mundo laboral. 

 

Carmela Silva animou, este mércores, no transcurso dun acto no Sexto Edificio aos empresarios pontevedreses a contratar aos becarios do plan de prácticas laboral que puxo en marcha a Deputación de Pontevedra. Silva sinalou na súa intervención que é moito máis fácil conseguir resultados traballando todos xuntos. 

A presidenta da Deputación de Pontevedra sinalou que a inserción laboral dos becarios alcanza o 40% dos inscritos. 

O salón de actos do Museo de Pontevedra acolleu unha xornada na que participaron empresarios que solicitaron becarios con cargo ao plan de práctica laboral da Deputación de Pontevedra. A xornada tamén contou coa intervención de Xavier Martínez Cobas, profesor de Administración e Finanzas da Universidade de Vigo, que valorou a importancia dun programa que supón un espazo intermedio entre a formación regrada  e o mundo laboral. 

{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/11novembro/09/carmela_empresarios_practicas_600px.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/11novembro/09/carmela_empresarios_practicas.mp4{/flowplayer}