Os sindicatos do Concello, CC.OO e AFUMPO, piden un diálogo efectivo

Pontevedra> Os funcionario do concello de Pontevedra decidiron, en Asamblea, poñer en marcha unha serie de medidas de protesta co fin de amosar o seu malestar pola actual proposta de negociación que puxo sobre a mesa o Goberno Local. As medidas acordadas foron dar unha rolda de prensa nesta xornada, unha concentración ante a sede do concello o vindeiro luns 7 de maio e acudir ao próximo pleno da corporación.

Un dos delegados sindicais que hoxe deu a rolda de prensa, Héctor Santaló, lembrou que o actual esquema organizativo do Concello de Pontevedra remóntanse ao ano 1999, por esta razón, os traballadores do concello consideran que se trata dunha estrutura obsoleta e ineficiente. Unhas medidas, as que deron a coñecer esta mañá, que son apoiadas por Comisións Obreiras e AFUMPO, a CIG non asistiu á asamblea e UGT non quixo asumir os acordos alí adoptados.

O que piden dende estes sindicatos, Comisións e AFUMPO, é que non se busque a vía da confrontación e da crispacións senon que solicitan un diálogo efectivo.

As medidas acordadas foron dar unha rolda de prensa nesta xornada, unha concentración ante a sede do concello, na rúa Michelena, o vindeiro luns 7 de maio ás 11 da mañá e acudir ao próximo pleno da corporación.