PONTEVEDRA> Continuamos coa compostaxe. O vicepresidente da Deputación confirmou esta mañá que se todos os Concellos da provincia compostasen os seus biorresiduos, Pontevedra cumpriría xa cos obxectivos marcados no Cumio de París de redución de CO2. Esta afirmación foi manifestada hoxe por César Mosquera nunha reunión cos alcaldes e alcaldesas da provincia.
A presidenta e o vicepresidente da Deputación mantiveron hoxe un encontro cos alcaldes e alcaldesas dos concellos da provincia co obxectivo de dar a coñecer os resultados e novidades do plan Revitaliza. No encontro, César Mosquera asegurou que se toda a provincia compostaxe os seus biorresiduos, Pontevedra xa cumpriría cos obxectivos do Cumio de París de redución de CO2.
O vicepresidente da Deputación confirmou que varios Concellos cumprirán cos obxectivos marcados pola Unión Europea de reciclar o 50% de todos os residuos producidos en 2020. Serán Mondariz Balneario, Mondariz, Vilaboa, O Grove e As Neves. En canto a capital da provincia, César Mosquera asegurou que andará moi cerca.
Nesta reunión César Mosquera pediu máis implicación por parte de todos os concellos e anunciou que o deputado Uxío Benítez incorporarase á xestión do plan Revitaliza co obxectivo de seguir avanzando.
O asesor de residuos da Deputación, Carlos Pérez, recordou que o plan Revitaliza ten a vocación de afrontar a xestión de todas as fraccións do lixo. Neste eido, o Concello de Pontevedra conseguiu mellorar con respecto a 2015, en máis dun 37% a súa recollida selectiva. O que se traduce, nunha redución no último ano do 1,81% nos envíos a Sogama.