Os veciños de Médico Ballina reclaman o seu parque infantil, prometido dende o ano 2015

Pontevedra> Os veciños de Médico Ballina concentráronse na fin de semana na rúa para esixir o parque infantil que o concello se comprometeu a habilitar nos antigos terreos de Adif. “Xogar non é un luxo é unha necesidade” ou “Señor alcalde necesitamos un parque” foron algunhas das reivindicacións que puideron lerse nos carteis desta concentración.

Os veciños de Médico Ballina concentráronse na fin de semana nesta rúa para reivindicar a construción dun parque nesta zona da cidade. Xogar non é un luxo, é unha necesidade”, “Sr alcalde necesitamos un parque” o “Os nenos de Médico Ballina queremos xogar” son algunhas das reivindicacións que puideron lerse nos carteis cos que os residentes da zona sinalizaron a futura zona de xogos.

Os veciños lembraron que o concelleiro nacionalista Luis Bará xa lles prometera no ano 2015 a construción deste parque infantil.

Unha mobilización apoiada tamén polo PP quenes teñen claro que volverán a levar a pleno esta reivindicación veciñal.

Unha mobilización onde tamén estiveron presentes os representantes de Marea Anxo Senén, e Manuel Fontán quenes reivindicaron un plan xeral por barrio e por parroquias de parques e instalacións deportivas, co fin de que todos os veciños da cidade conten cos mesmos privilexios e servizos sen importar da zona onde vivas.