A Deputación levará aos xulgados as ‘calumnias do PP’

PONTEVEDRA> As acusacións do Partido Popular á Deputación de Pontevedra rematarán no xulgado. A presidenta provincial anunciou hoxe que denunciará todas as declaración que considere inxuriosas que veñan da formación popular. A primeira medida será contra o voceiro do PP, que onte acusaba ao goberno provincial de favorecer a concellos socialistas e nacionalistas na concesión das axudas do Plan DepoRemse.

O goberno da Deputación de Pontevedra levará ao xulgado ao Partido Popular. A súa presidencia anunciou que tomarán medidas contra as últimas declaracións do voceiro do PP, Ángel Moldes.

Carmela Silva refírese ás declaracións nas que Moldes acusaba ao goberno provincial de arbitrariedade na concesión das axudas do Plan DepoRemse. O voceiro popular aseguraba que beneficiaran a concellos do PSOE e do BNG, deixando fóra un proxecto do de Marín a pesares de que, segundo defendía, contaba cun informe técnico favorable.

Silva exhibiu na rolda de prensa o informe asinado pola xefa do servizo de Cooperación no que, segundo asegurou, os técnicos provinciais concluíron excluír o proxecto de Marín por incompleto. Defendeu que o seu goberno baséase en criterios obxectivos para repartir os fondos.

A presidenta provincial asegurou que esta estraxia do Partido Popular é a mesma que seguiu a formación para desprestixiar o bipartito que gobernou a Xunta, con Emilio Pérez Touriño á fronte.