Máis dun ano agardando pola vacina da Meninxite B

    OUTES> Milleiros de galegos deben agardar máis dun ano pola vacina de meninxite para os seus cativos. O ingreso hospitalario dun menor de Outes por meninxite hai unha semana reabre a polémica da prezada vacina. As farmacias da zona contan con máis de cen persoas nas súas listas de espera. 

     

    Por sorte neste caso, tal e como puidemos saber, o rapaz evoluciona favorablemente no Hospital Clínico de Santiago. Pero este novo ingreso por meninxite no Barbanza, volveu disparar a alarma por unha enfermidade que hai pouco máis dun ano acabou coa vida dun bebé en Boiro. O centro de primaria Emilio Nasvasqüés de Outes onde estuda o menor ingresado por meninxite, activou o protocolo e tomou as precaucións necesarias entre o resto do alumnado, ante a posibilidade de que a meninxite fose de tipo bacteriana. É o protocolo preventivo habitual nestes casos. Éste é o antibiótico que se dispensou ós compañeiros que teñen un contacto máis directo co rapaz afectado. Nesta farmacia de Outes aseguran que a semana pasada houbo unha avalancha de demandas deste medicamento entre as familias do municipio. Amósannos tamén a vacina contra a meninxite B. Onte mesmo chegoulle un pedido con 3 doses, que son para unhas familias que levan máis dun ano na súa lista de espera. Cos pedidos estancados nas farmacias da zona, hai quen desde opta por ir buscar fóra as vacinas. Sobre todo cando xorde un novo contaxio coma o da semana pasada. Mariña asegura que neses caso débese tomar as precaucións adecuadas. O resto das farmacias da zona contan coa mesma situación. Aínda que este verán chegase un cargamento cuantioso de vacinas, que facía prever a fin destas listas de espera, o subministro volveu caer e neste momentos, os pedidos volven chegar ós poucos.