PONTEVEDRA> O Concello ratifica o seu apoio á manifestación convocada por SOS Sanidade Pública para o día 9 en Santiago de Compostela. O alcalde mantivo esta mañá un encontro cos representantes desta plataforma e confirmou a súa asistencia ao acto.
O Concello de Pontevedra proporcionará autobuses gratuítos para asistir á manifestación en defensa da sanidade pública. Un acto que se levará a cabo o vindeiro 9 de febreiro en Santiago de Compostela. Os buses sairán ás 10:00 horas do Pavillón municipal de deportes e os que queiran asistir deberán inscribirse, antes do venres pola tarde, a través dos dous números de teléfono que aparecen en pantalla.
O alcalde de Pontevedra mantivo esta mañá unha reunión cos representantes da plataforma SOS Sanidade Pública. No encontro, Lores trasladoulles o seu apoio e confirmoulles a súa asistencia á manifestación.
Nesta reunión valoráronse tamén as políticas empregadas polo presidente da Xunta de Galicia en relación ao sistema sanitario público. Un sistema que sofre cada vez máis recortes e privatizacións.
Pedreira quixo poñer tamén de manifesto que España é o país europeo que menos dedica do Produto Interior Bruto á sanidade. Sen embargo, é un dos lugares onde se obteñen mellores resultados. Algo que demostra a eficiencia e a eficacia do noso sistema sanitario e dos nosos profesionais.