Dende o IES Luis Seoane tecen mantas para “refuxiar” aos nenos máis necesitados

Pontevedra> Dende o IES Luís Seoane de Monteporreiro teñen moi claro o que é a solidariedade. Alí pais, nais, alumnos e profeseores levan máis dun mes tecendo co fin de facer o máximo número posible de mantas para enviar aos nenos refuxiados. E non soamente colaboran dende o centro senon que antigos alumnos e familiares que coñeceron esta iniciativa de Tecidos en Paz tamén se sumaron a este bonito proxecto. 

 

Hai mes e medio que naceu este Tecidos en Paz do Instituto Luis Seoane de Monteporreiro. Unha inicitiva na que están implicados toda a comunidade escolar e que naceu despois de pensar en qué facer o 20 deste mes, data na que se conmemora o día Internacional dos nenos e das nenas, dende este instituto querían realizar unha actividade centrada nos máis necesitados, por iso pensaron en tecer mantas para os máis pequenos que o están pasando tan mal no mediterráneo. 

Unha inicitiva que nace do instituto pero que pronto chega aos pais e as nais que acollen cos brazos abertos este Tecidos en Pazo. 

O que nos quedou claro esta mañá é que Monteporreiro é un barrio solidario onde ex alumnos e familiares colaboran por unha boa causa. Os máis novos deste centro tamén saben o importante que é axudar aos máis necesitados 

Uns nenos que teñen moita maña a hora de tecer. 

Dia 21 deste mes o centro organizará un acto institucional con representantes do concello e das escolas Unesco, unha cita á que tamén asistirán volutarios das ONG ás que lle darán os traballos realizados neste mes e medio. Moitas mantas e moito cariño irán para os pequenos que máis o precisan dende este Instituto que se abre á solidaridade. 

{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/11novembro/11/tecendo_600px.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/11novembro/11/tecendo.mp4{/flowplayer}