Itineranta encherá de actividade as rúas de Pontevedra dende o 7 ao 9 de agosto

Pontevedra. Dende o 7 ao 9 de agosto Pontevedra acollerá unha nova edición de Itineranta. Nove compañías galegas, do resto do Estado e unha francesa participarán nesta novena edición deste Festival de Espectáculos Itinerantes de rúa na Boa Vila.

Nove compañías, once espectáculos de rúa. Animación con maiúsculas. A vindeira semana Pontevedra acollerá unha nova edición de Itineranta, en xa van nove o que fai do Festival de espectáculos de rúa itinerantes de Pontevedra un clásico no calendario fas festas do verán da cidade e que avanza a chegada das festas da Peregrina. Os días 7, 8 e 9 de agosto as prazas e rúas do centro histórico converteranse nun gran escenario no que os espectáculos de animación, luz, só e fogo convidarán a participación de nenos e grandes.

Dende o 7 ao 9 de agosto teremos espectáculos para todos os gustos

E dende a organización e concello aseguran que cada ano o número de persoas que se achegan a desfrutar destes espectáculos de rúa é moito maior

Por esta razón convidan a todo o mundo a desfrutar desta divertida, entretida e bonita actividade.

Xa o saben a desfrutar das rúas de Pontevedra, do bo tempo, do  verán, e sobre todo da arte e dos espectáculos que aterrarán en Pontevedra do 7 ao 9 de agosto grazas a unha nova edición de Itineranta.