Pontevedra>Dende a vindeira semana e ata o mes de novembro poderán desfrutar dos mini cruceros costeiros. Unha oportunidade única para coñecer o litoral galego dende o mar. Portos de Galicia, a Axencia Galega de Turismo e a Axencia Galega de actividades náuticas presiden esta iniciativa que busca a desestacionalizar o turismo. A Rías Baias pódense percorrer de diferentes maneiras e agora tamén dende o mar. Esta mañá os medios de comunicación puidemos formar parte dun mini cruceiro costeiro, unha iniciativa que presiden Portos de Galicia, a Axencia Galega de Turismo e a Axencia Galega de actividades náuticas e que busca, entre outros obxectivos poñer en valor o litoral galego. Estes mini cruceiros pódense desfrutar de dúas maneiras, en ferry ou en velero, o turista ou calquera persoa interesada terá 10 produtos para elixir. Sempre hai alternativa ante o mal tempo nestes mini cruceros, unha actividade que apoian e da que forman parte 23 concellos da provincia. Neste ano estes mini cruceros comezan en agosto, pero que o obxectivo é potencialos ao máximo dende abril ata novembro co fin de buscar épocas máis baixas para o turismo das Rías Baixas. Un mini cruceiro de 8 horas de navegación en Ferry e tres paradas e 10 horas en velero que ofrecer comida e bebida de calidade, das Rías Baixas. Trátase dunha iniciativa que apoian dende diversos sectores, e como non, tamén dende o sector vitivinícola. Poderán obter toda a información sobre estes mini cruceiros costeiros en www.nauticdestination.com e en preto de 8 mil axencias en todo o Estado. Sen dúbida unha maneira bonita, práctica e orixinal de achegarse ao patrimonio, vilas e gastronomía das Rías Baixas.
Inicio PONTEVEDRA