Os mariñeiros e mariscadoras piden o saneamento integral da ría de Pontevedra

PONTEVEDRA> Os sectores produtivos da ría de Pontevedra, manifestáronse este venres as portas do concello da cidade. Esta é a primeira das movilizacións que teñen previstas para reclamar medidas concretas, que permitan sanear a ría. 

 

Este é o momento no que o alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores se acercou a comitiva, que encabezaba a movilización dos sectores produtivos da Ría de Pontevedra. 

O concello de Poio, de Marín ou a Xunta de Galicia, son só algúns puntos aos que acudiran os representantes dos portos da Ría de Pontevedra, para reclamar un saneamento integral da ría. 

Máis de duascentas persoas participaron nesta primeira manifestación, convocada pola Asociación Polo Saneamento da Ría. Unha reivindicación, ca que pretenden garantir o futuro laboral, a mariscadoras, pescadores, acuicultores, comerciantes e transportistas. 

A protesta prodúcese un día despois de que a Xunta fixese pública a adxudicación do plan de mellora da ría, na que ENCE comprometeu ata 15 millóns de euros para a Estación Depuradora de Augas Residuais de “Os Praceres”.

{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/04abril/15/concentracion_sectores_produtivos.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/04abril/15/concentracion_sectores_produtivos.mp4{/flowplayer}