Oferta gastronómica local e artesanal dende O Mercado

Pontevedra>  No concello de Pontevedra presentaron esta mañá o proceso de reforma da primeira planta do Mercado. Uns traballos que teñen como fin buscar unha oferta gastronómica variada, centrada no producto local, artesanal e tamén na venda a granel. Este novo espazo contará con mesas para degustar o producto fresco e contará cunha zona infantil para o desfrute dos máis pequenos da casa. 

 

Ao longo do vindeiro 2017 comezarán os traballos de reforma da Praza de Abastos. Esta mañá a concelleira de promoción económica presentounos o proxecto para a primeira planta. Un espazo onde busca ofertar gastronomía variada, centrada no producto local,artesanal e na venda a granel. 

Unha segunda pranta que contará con mesas onde poder degustar os productos frescos e tamén cunha ludoteca para o desfrute dos máis pequenos da casa. Os motivos mariñeiros tamén estarán moi presentes nesta reforma. 

Unha reforma integral que contará cun inestimento de preto de 270 mil euros e que terá como fin convertes este Mercado de Pontevedra nun espazo gastronómico sostible. 

{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/11novembro/11/reforma_praza_600px.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/11novembro/11/reforma_praza.mp4{/flowplayer}