O domingo 13 o Teatro Principal acollerá a V Gala benéfica de ASEM Galicia

Pontevedra > Este domingo 13 de novembro a Asociación Galega contra as enfermedades neuromusculares organiza  a V Gala benéfica no Teatro Principal de Pontevedra. Unha cita que terá como fin recadar fondos para este entidade. A voceira de ASEM Galicia dixo esta mañá que esta asociación precisa de moita axuda para a investigación. 

 

O 15 de novembro conmemórase o día das enfemidades neuromusculares unha cita que se celebrará en Pontevedra con numerosos actos, entre eles o principal a V Gala Benéfica de ASEM Galicia presentada pola nosa compañeira do Canal Rías Baixas en Barbanza Fátima Rodríguez e o tamén xornalista Eugenio Giráldez. Unha gala onde haberá moita diversión e onde os 5 euros da entrada irán destinados á investigación destas enfermidades. 

Dende o concello de Pontevedra apoian esta inicitiva e esta asociación que sufríu moitos recortes e precisa de moita axuda para a investigación desta enfermidades neuromusculares. 

O xoves 17 de 10 a duas da tarde o Hospital Provincial e Montecelo contarán mesas informativas de ASEM Galicia e o día 15 as sete e media da tarde organizarán una cadea humana na Praza da Peregrina. Ademais nas redes sociais continuarán coa campaña da man baixo o lema o 15N imos da man. 

{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/11novembro/11/asem_600px.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/11novembro/11/asem.mp4{/flowplayer}