Invisibles chega ao teatro da man de Redrum Teatro

Pontevedra> Redrum Teatro levará aos escenarios a historia de Invisibles. Un libro de Montse Fajardo que narra 7 casos reais de violencia de xénero. A estrea desta peza será o 15 de novembro no Teatro Principal. O obxectivo da compañía é crear un espectáculo que active ao espectador.

O libro de Montse Fajardo sigue a súa andaina, agora será a compañía Redrum Teatro a encargada de levar aos escenarios as sete historias reais de violencia machista que narra esta obra da xornalista vilagarciá. Fajardo puxo como único requisito o respecto polas mulleres e familias que saen reflexadas en Invisibles.

Serán 3 as actrices que protagonizarán esta peza, Sheyla Fariña, Nieves Rodríguez e Mela Casal. Mulleres de diferentes xeracións que tentarán plasmar un anaco de cada unha das historias que se agochan en Invisibles.

A directora desta obra será a tamén actriz Mariam Bañobre quen ten claro que a acción social do teatro é imprescindible a día de hoxe.

Para a autora deste libro é un auténtico luxo que esta peza chegue aos escenarios…

Unha peza, da compañía Redrum Teatro, que chegará aos escenarios o 15 de novembro deste ano. A estrea será no Teatro Principal de Pontevedra e será un dos actos e actividades que se engloban dentro do día Internacional contra a violencia de xénero que se conmemora o 25 de novembro.