As medidas para abaratar o prezo dos alugueres de vivendas foron aprobadas no Pleno

PONTEVEDRA >  Aprobada por maioría a proposición do PSOE en relación á adopción de medidas para abaratar o prezo dos alugueres de vivendas. A moción do grupo socialista recibiu o apoio de todos los partidos no Pleno celebrado esta mañá.

Un dos asuntos aprobados esta mañá no Pleno foi a proposta do PSdeG en defensa do acceso á vivenda a prezos máis baixos e accesibles a todos os cidadáns. O grupo socialista presentou unha serie de medidas que deberían ser instauradas tanto polo Concello de Pontevedra como pola Xunta de Galicia.

A moción do partido de Tino Fernández esixía tamén ao Goberno local a cesión de terreos a cooperativas en réxime de concorrencia competitiva, habilitar unha partida orzamentaria para axudar ao pago de alugueres, regular ás vivendas turísticas, poñer en marcha áreas de rehabilitación específica nos núcleos rurais e axilizar os trámites coa universidade para a construción dunha residencia de estudantes.

O Pleno contou coa presenza dos veciños de Xeve e Bora que acudían ao Teatro Principal co obxectivo de intervir no momento en que se debatía un informe sobre a A-57. Sen embargo, O alcalde acolleuse estreitamente á normativa e denegou a palabra ó portavoz veciñal. Iso si, a moción presentada por Marea na que se pedía o asesoramento técnico e a cobertura xurídica para as persoas afectadas polo trazado da autovía, foi aprobado por unanimidade.

3 COMENTÁRIOS

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí