A Asociación Española Contra o Cancro estrea sede en Eduardo Pondal

PONTEVEDRA> A Asociación Española contra o Cancro xa ten nova sede en Pontevedra. A partires de agora seguirán ofrecendo todo o seu apoio e axuda aos que padecen esta enfermidade e aos seus familiares dende o número 64A da rúa Eduardo Pondal. Un local máis amplo e accesible, co que estar máis preto dos que os necesitan.

Un local máis dinámico, aberto e accesible co que estar máis preto dos enfermos de cancro e as súas familias. Así é a nova sede que a Asociación Española contra o Cancro vén de inaugurar en Pontevedra.

Neste local no número 64A da rúa Eduardo Pondal, a asociación concentrará todos os servizos que ofrecen aos pacientes oncolóxicos. Aquí desenvolveranse programas gratuítos para os usuarios e as súas familias, así como á poboación xeral.

A nova sede está a pé de rúa e son 640 metros cadrados, con vestíbulo, sala de agarda, salas de atención, consulta de logopedia e fisioterapia, cabinas, salas de reunións e incluso unha sala para as perrucas. Un espazo amplo e diáfano que atende tamén ao cambio de imaxe que realizou a asociación recentemente.

A Asociación Española contra o Cancro de Pontevedra ofrece atención ao público de luns a xoves de 8 a 15.00 e de 16.00 a 18.30. Os venres están de mañá, entre as 8 e as 14.30. Ademais, teñen a disposición de que o precise o teléfono gratuíto 900 100 036, que funciona 24 horas todos os días do ano.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí